Premio de Pódcast Transmitindo na Lingua Galega 2026

A provincia da Coruña foi berce dos inicios da radio en Galicia a través da emisora decana do país, a EAJ-4 Unión Radio Galicia de Santiago de Compostela, que foi unha ferramenta esencial na campaña polo Estatuto de Autonomía e destacou polo uso do galego entre 1933 e 1936.

Máis de 100 anos despois da presenza primeira da nosa lingua nas ondas radiofónicas e parello ao auxe do fenómeno pódcast nos últimos anos, a área de Lingua da Deputación da Coruña convoca a I edición do Premio Transmitindo na Lingua Galega, que se concederá aos pódcast candidatados que destaquen polo uso da lingua galega nas seguintes catro categorías:

A. O teatro do aire: Obras orixinais de ficción sonora ou que estean baseadas en obras xa existentes ou adaptadas, e que usen voces, efectos sonoros, músicas, ambientes, sons etc.
B. A palabra fiada: Entrevistas, conversas, debates ou diálogos que sexan a base conversacional do contido do pódcast, entre dúas ou máis persoas, sobre calquera temática.
C. A pescuda sonora: Pódcasts divulgativos e creativos que pescuden un asunto concreto, unha persoa, problemática ou acontecemento social.
D. A voz da nosa lingua: Pódcasts que contribúan ao estudo, divulgación, promoción e uso da lingua galega.

O prazo para presentar as candidaturas iniciarase ao día seguinte do que se publiquen o extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia a través da Base de Datos Nacional de Subvencións e finalizará o 18 de decembro ás 14.00 h. As solicitudes de participación nestes premios tramitaranse de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL) que só estará dispoñible durante o devandito prazo.

Bases e inscrición
https://www.dacoruna.gal/index.php?cID=17545

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here