Youtubeiras 2025: Alborota o algoritmo!

Inscricións do 17 de setembro ao 16 de novembro.

O algoritmo será o protagonista da novena edición de Youtubeiras+ e rachar con este elemento co que nos enfrontamos no día a día das redes sociais a finalidade. Unha edición irreverente, que pretende alborotar o algoritmo e superar todas as trabas que atopamos nas redes, que invisibilizan o noso idioma e que penalizan as persoas que crean contidos en galego.

A grande novidade deste ano é a apertura do certame a todas as redes, con novas (e vellas) categorías, cuxas bases xa podes consultar aquí. O prazo de inscrición está aberto até ás 23.59 horas do 16 de novembro e faise a través deste formulario.

Como todos os anos, calquera persoa pode presentar suxestións para o Premio do Público, a través deste formulario até o 16 de novembro. Ninguén poderá propor como candidatos os seus propios vídeos. Con todas as candidaturas recibidas crearase un formulario de votación, habilitado do 24 de novembro ao 4 de decembro.

https://youtubeiras.gal/

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here