Tradicións e contos de Nadal en todo o mundo

Homadate guatasantade! ou o que é o mesmo Bo Nadal! Así o din por terras de Etiopía!

Sabíades que aló en Nadal a xente viste roupas brancas e en Reis de cores vivas? Ou que usan un calendario diferente ao noso e que o día de Nadal coincide para eles co que para nós é o 7 de xaneiro? Ou que a comida principal en Nadal está baseada na injara, un pan moi fino, como unha filloa, sobre o que se serve o doro wat, un polo asado con salsa que está riquísimo!

Isto e outras cousas, cóntanas desde o EDLG do ADR Castelao de Rianxo, que comparte con nós esta interesante recompilación de tradicións e contos propios do Nadal de países moi diversos, desde algúns moi próximos, como Francia ou Italia, a outros moi afastados, como Canadá ou Etiopía.

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here