Todas as creacións das escolas participantes en Cinema na Escola 2025-2026

Cinema na Escola é un innovador concurso audiovisual organizado polo Concello da Coruña que tivo unha gran participación do alumnado en 2026, con máis de 800 estudantes e 22 docentes de 17 centros educativos implicados.

O programa busca inculcar na xuventude a expresión audiovisual a través da produción de curtametraxes propias. As persoas participantes tiveron que desenvolver todas as fases do proceso, desde a actuación á escritura, a dirección, a produción e a montaxe. Así, centos de alumnos e alumnas achéganse por primeira vez ás técnicas propias desta disciplina artística.

Todas as obras foron rodadas en galego e co teléfono móbil como instrumento de gravación. Ademais, impartíronselles talleres formativos de iniciación á creación audiovisual e formación e asesoramento presenciais nas tarefas de filmación e montaxe, co obxecto de darlle ferramentas ao alumnado para poder elaborar unha curtametraxe.

Os galardóns foron deliberados por un xurado de persoas expertas composto polo actor de escena e dobraxe Santiago Fernández; a directora de casting Isa Escrigas; a doutora en fotografía por Belas Artes Ledi Bellón; o realizador e montador gañador dun Goya Fran X. Rodríguez e a técnica de Educación do Concello Ana Judel Prieto.

A curtametraxe “Zona 0”, do CPR Cid, foi a gañadora de Cinema na Escola 2025-2026 na categoría de Primaria

ZONA 0

A curtametraxe “Soliloquio”, do CPR Franciscanas, foi a gañadora de Cinema na Escola 2025-2026 na categoría de Secundaria

SOLILOQUIO

Preme aquí para ver a LISTAXE COMPLETA DE VÍDEOS PARTICIPANTES

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here