Que farías ti para non producir tantos residuos?

Que farías ti para non producir tantos residuos?Adega súmase á Semana Europea da Prevención de Residuos con este concurso.

Do 19 ao 27 de novembro celébrase a Semana Europea da Prevención de Residuos. Aproveitando as datas, o colectivo ecoloxista Adega convoca un concurso co lema “Que farías ti para non producir tantos residuos?”.

O mellor residuo é o que non se produce!, subliñan, ao tempo que propoñen achegar ideas para reducir o lixo xerado: No fogar, no traballo, na escola. Haberá sorteo dun kit de compostaxe entre as autoras e autores das propostas recibidas.

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here