Primavera… coas Letras todo o ano!

a RAG aproveitou para presentar varios recursos didácticos para as aulas, en forma de fichas tanto descargables como de uso interactivoCo outono e a volta ás aulas, recomendámosvos os materiais desta iniciativa da Real Academia Galega en homenaxe a Carlos Casares.

Hai vidas de mulleres e de homes que laten ao compás do pulso do país, a de Carlos Casares é unha delas. Por iso, ademais da súa excelente produción literaria, na súa biografía atopamos a pegada fonda dun intelectual que decidiu comprometerse coa Galicia que lle tocou vivir.

Para afondar na súa vida e obra, a Real Academia Galega ofrece un conxunto de materiais de uso didáctico ao abeiro da iniciativa Primavera das Letras. O proxecto botou a andar este ano aló no mes de febreiro, nun emocionante acto celebrado no propio CEIP Carlos Casares do lugar de Vilariño, en Nigrán, a escola á que os propios fillos do autor acudiran de cativos, e coa participación no evento de Håkan, fillo de Carlos Casares e antigo alumno do centro.

Na web do proxecto podedes consultar todo o material sobre Carlos Casares. Ademais, está tamén dispoñible material didáctico diverso sobre Manuel María, homenaxeado en 2016, ano no que tivo lugar a primeira edición de Primavera das Letras.

Recomendámosvos tamén o apartado ‘O voso Día das Letras’, que fai peneira das boas prácticas e iniciativas en homenaxe a Casares que realizaron ducias de escolas de todo o país durante a pasada primavera.

Carlos Casares, un país de palabras Recursos didácticos do proxecto Primavera das Letras da Real Academia GalegaMATERIAIS PARA DESCARGA

ACTIVIDADES PARA COLOREAR

ACTIVIDADES INTERACTIVAS

ENCRUCILLADOS

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here