Premios de Oratoria Ramón Otero Pedrayo

Dúas convocatorias da Asociación Amigos de Otero Pedrayo

IV Premio de Oratoria en Formato Podcast “Ramón Otero Pedrayo”
A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, o IV Premio de Oratoria en Formato Podcast “Ramón Otero Pedrayo”, coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria —da que o escritor ourensán foi un mestre—, con técnicas actuais para a sociedade dixital.

O certame está destinado a estudantes de 15 a 18 anos de idade que cursen estudos de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, graos universitarios ou mestrados. A participación será individual ou en grupo.

Os temas preferentes das pezas que se presenten ao premio serán o medio ambiente, a paisaxe, a sostibilidade, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a etnografía, a comunicación oral e a tradición oral. Todos temas do universo oteriano. O idioma será o galego.

As pezas enviaranse ao correo da asociacion: amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo de 2026.

Premio de Oratoria “Orador do Ano Oteriano 2026 Ramón Otero Pedrayo”

Organizado pola Fundación Otero Pedrayo e pola Asociación de Amigos de Ramón Otero Pedrayo, conta co patrocinio da Secretaría Xeral da Lingua, ademais do da cooperativa agraria Coren.

Destinado a recoñecer as mellores pezas de oratoria en lingua galega difundidas en Galicia ou elaboradas expresamente para o concurso, sempre que se enmarquen no chamado mundo oteriano ou universo oteriano, isto é, na vida, obra, pensamento ou legado cultural de Ramón Otero Pedrayo.

As candidaturas poden ser presentadas por:

Persoas ou grupos interesados
Entidades culturais
Calquera membro do xurado.
Enviaranse ao correo electrónico da Fundación Otero Pedrayo: fundacion.otero.pedrayo@gmail.com e o prazo de presentación das pezas rematará o día 15 de novembro de 2026.

Bases completas das dúas convocatorias no Portal da Lingua

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here