Pinta un peixe e axuda a salvar a pesca

Campaña de WWF a prol da pesca sostible.

Desde o colectivo WWF convidan a participar nesta campaña: “Saca o artista que levas dentro e pinta un peixe”. O debuxo seralle enviado aos representantes da cidadanía no Parlamento Europeo para lembrarlles a importancia dunha reforma sostible da pesca.

Desde a asociación confían en que a presión cidadá sobre o proceso de reforma da Política Pesqueira Común (PPC) na Unión Europea conseguirá garantir o futuro da pesca. Durante 2012, o colectivo xa sumou o apoio de cen mil sinaturas na campaña “Máis peixes, máis vida”, que foron entregadas en Bruxelas a finais de febreiro do ano pasado e posteriormente coa campaña “Deteñamos a bancarrota dos nosos océanos” que conseguiu o apoio doutros 30 mil cidadáns coa súa sinatura.

Espazo da campaña ‘Pinta un Peixe’

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here