O corvo das Cíes, un videoxogo inspirado na mitoloxía galega

Unha iniciativa do escritor, xornalista e divulgador Manuel Gago.

“Na tradición galega, as almas atravesan o mar cara repousar eternamente nas illas. Pero un día, un andazo de monstros encheu o mar, devorando aquelas amiñas. O deus Berobreo encargou o seu corvo sagrado protexer o lugar. Preséntovos un xogo especial: O corvo das Cíes. Recomendable xogar ao xogo nun portátil e ordenador de sobremesa. Se tedes unha máquina moi vella, o xogo suxeriravos o modo lixeiro. Agardo que gocedes tanto del como gocei eu facéndoo.”

Así nos presentaba, nas súas redes sociais o escritor, xornalista e divulgador Manuel Gago esta extraordinaria iniciativa, toda unha aventura de exploración inspirada na tradición galega, que naceu como agasallo para o seu sobriño e que agora pon na rede de balde a disposición de todas as persoas interesadas. A iniciativa está dispoñible en sete linguas e dispón dun “modo lixeiro” para os equipos con menos prestacións técnicas.

Preme para acceder: https://manuelgago.org/cies/

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here