Vídeoclip musical realizado por Manu Viqueira con todo o alumnado e a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro.
O proxecto NonViolencia é unha iniciativa da Asociación de Nais e Pais Aturuxo que arrancou no curso 2018-2019. A letra da canción foi composta polo alumnado de 5º e 6º de Primaria, asesorados pola escritora Dores Tembrás.
A música é de Fernando Esclusa, en colaboración con nenos e nenas de educación Primaria. Os debuxos e grafismos foron extraídos do traballo do alumnado en varios obradoiros gráficos co artista e director do proxecto, Manel Cráneo.
O proxecto NonViolencia contou coa asesoría da profesora da Universidade da Coruña María José Mosquera e coa colaboración do equipo directivo, o profesorado do centro, nais e pais.
Difundide a mensaxe #nonviolencia #tiquemirasactua #igualdade #convivencia
