As dúas primeiras aventuras de Miquits, o cómic protagonizado por un gato intrépido e moi ourensán, creado por dous autores da Limia, Alba De Evan e Xabier Domínguez, e publicado por Antela Editorial, darán o salto ao mercado internacional, coa súa tradución ao ruso da man da editorial Clever, unha das máis recoñecidas do panorama infantil e xuvenil en Rusia. Asinado tamén a tradución ao inglés para o mercado do EEUU. Recén Seguindo o camiño de outras obras da editora traducidas xa ao, castelán, portugués e francés, contando con máis dunha decena de obras traducidas a outros idiomas que non sexan o galego nestes últimos anos.

Este tradución e publicación supón un novo paso na proxección exterior da literatura galega e confirma o bo momento que vive o sector. A editorial Antela, con sede no rural ourensán, en Vilar de Barrio aposta desde os seus inicios polo talento local, pola lingua galega e polas historias que nacen da nosa terra. A publicación en ruso dos dous libros de Miquits é unha mostra clara de que a cultura galega non entende de límites: é diversa, viva e sen fronteiras.
Miquits é moito máis ca un cómic infantil: é unha viaxe chea de humor, amizade e misterio, narrada cun estilo áxil e visualmente moi atractivo. O seu protagonista, un gato curioso, valente e cheo de personalidade, conquistou lectores e lectoras galegas desde a súa primeira aparición. Agora, chega ao público ruso mantendo intacta a súa esencia.
Desde Antela Editorial destacan que “historias como Miquits, creadas desde Ourense con compromiso cultural e coidado editorial, amosan que o rural galego tamén pode marcar tendencia no mundo do libro. Vivimos un momento ilusionante para a literatura galega, con novas voces, editoras comprometidas e unha crecente proxección internacional”.
