Mapa forestal mundial

Unha iniciativa para o control cidadán do estado dos nosos bosques.

Global Forest Watch (GFW) é un proxecto de seguimento en liña dos bosques de todo o mundo que inclúe un sistema de alerta para axudar a cidadanía a contribuír a unha mellor xestión dos bosques.

Este observatorio forestal bota man de datos libres e vía satélite para garantir o acceso á información a cidadáns, administracións e ONGs. Comezou a mediados dos 90 como iniciativa para establecer unha rede mundial de vixilancia e dende entón logrou importantes resultados na concienciación sobre o problema e en prol da conservación de grandes áreas forestais en todo o planeta.

Ademais de consultar mapas sobre cambio forestal, cobertura e usos forestais, etc na web tamén poden lerse historias relativas á conservación de bosques de diversas partes do planeta ou mesmo envialas.

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here