Historia dalgunhas especies galegas no glaciarismo pleistoceno

Charla de Marta Vila no Día da Ciencia en galego.

Con motivo do XVI Día da Ciencia en Galego, Marta Vila Taboada, do Departamento de Bioloxía da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, foi protagonista do relatorio “Historia dalgunhas especies galegas en relación ao glaciarismo pleistoceno”. A charla forma parte do programa de webinarios de dinamización científica en galego dirixidos aos centros educativos, especialmente aos de secundaria e bacharelato, promovido pola Secretaría Xeral da Lingua, a través dos equipos de dinamización da lingua galega, en colaboración con Igaciencia.

Resumo:
Onde viven os distintos animais e plantas depende de factores propios da especie (como a súa capacidade de dispersión) e de condicionantes ambientais. Por exemplo, hai especies de bolboretas que só viven nas montañas, sen atopalas nunca a baixa altitude.
A paisaxe que temos agora en Galicia xa é diferente da que había no século XIX, pero é extraordinariamente distinta da que houbo hai arredor de 20.000 anos cando estabamos no chamado “último máximo glaciar”, cando a nosa rexión albergou mesmo mamuts e renos.

Nesta charla , a doutora Vila Taboada resúmenos o que se sabe do glaciarismo pleistoceno no noroeste Ibérico e como conxugamos esa información cos datos xenéticos para investigarmos a historia evolutiva de plantas e animais.

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here