A famosa saga literaria levada ao cinema poderá verse agora en versión galega.

Un acordo entre a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) e Warner Bros. Discovery permitiu desenvolver unha nova versión en galego de Harry Potter e a pedra filosofal. O filme, que xa puideron ver en primicia no Festival de Cine Fantástico Lóstrego na Coruña, chegará en breve ás plataformas audiovisuais en liña


