María Varas Mayoral invita á seguinte reflexión:
“ Imaxina ese profesor da túa nenez ou adolescencia que sempre che resultaba agradable lembrar. Que é o primeiro que che veu á mente?”

Esta autora ofrece unha perspectiva do que quere dicir a atención á diversidade entendida desde o punto de vista infantil, totalmente ignorante do que significa tecnicamente este concepto pero plenamente vivido, de como repercute na historia vital da persoa:
“O que quizais descoñeciamos nesa época era que detrás… se tecía toda unha rede de traballo na que o equipo directivo, o departamento de orientación e o profesorado traballaban xuntos na construción dun plan de acción titorial que funcionaba como unha malla que nos suxeitaba”.
Esta guía é unha proposta educativa que ofrece ollar doutro xeito os conflitos e os problemas de conduta para organizar a súa abordaxe, entendendo:
• O conflito como parte da vida e como oportunidade para aprender.
• A conduta como fenómeno complexo, multicausal e cun propósito comunicativo.
• Unha abordaxe necesariamente educativa e de acompañamento.
Para lograr ese cambio de mirada, esta guía facilita un procedemento educativo de acompañamento (PEA) e unha ferramenta de exploración, comprensión e abordaxe (ECA), cos seguintes obxectivos:
1. Posibilitar a revisión e adecuación da resposta educativa aos problemas de conduta (PREVENCIÓN).
2. Proporcionar recursos para afrontar o conflito e transformalo. (PROVENCIÓN).
3. Dotar o procedemento corrector dun programa educativo. (ACOMPAÑAMENTO).
Este documento enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, como aposta para a mellora integral da convivencia da comunidade educativa e na promoción dunha convivencia positiva nas aulas.
• Guía para a abordaxe dos problemas de conduta no ámbito educativo
• ECA
