O programa de dinamización lingüística Falamos +, no que participan dez centros repartidos polas catro provincias, celebra este mes de novembro de 2025 a súa segunda edición.

#FalamosMáis ten o obxectivo de impulsar o uso da lingua galega entre a cativada desde a perspectiva do lecer dentro do ámbito escolar. Son os propios centros e as familias as que crean as propostas que achegan o alumnado á nosa cultura e á nosa lingua actuando como protagonistas. Durante a duración do programa, o alumnado realiza diversas actividades, supervisadas pola coordinadora do programa, Pilar Ponte: monólogos, conversas, contos, teatro, escritura creativa, xogos, lecturas dramatizadas e mesmo canto e baile de música tradicional e moderna.
Máis información na conta en redes do programa: https://www.instagram.com/falamos.mais/




