SMC, líder mundial en automatización industrial, celebrou o pasado 4 de febreiro de 2026 a terceira edición do seu concurso Silver Piston Spain 2026, no ámbito da formación técnica. O evento, dirixido a estudantes de Formación Profesional con especialización en Instalación e Mantemento, Electricidade e Electrónica e Fabricación Mecánica, tivo lugar nas instalacións da empresa en Vitoria-Gazteiz co propósito de estimular o coñecemento, fomentar o desenvolvemento de competencias e difundir innovacións nos campos da automatización industrial e a mecatrónica.

O concurso atraeu a 52 estudantes e 28 profesores de 28 equipos de toda España, representando a 20 centros de 10 comunidades autónomas.
O CIFP Politécnico de Lugo foi o campión indiscutible. Os gañadores foron os estudantes Carlos Fernández Rodríguez e Andrés Díaz López, acompañados polo seu profesor, Juan Mendoza Villanueva. O segundo posto foi para un equipo do mesmo centro, composto por Carla Ares Díaz e Samuel José Méndez Pérez, xunto coa súa profesora, Ana Pérez Vázquez. E o terceiro premio foi para Filip Szczepanski e Jesús Santiago Parra Rico, dos Salesianos Carabanchel Beato Miguel Rúa, que asistiron co seu mestre Enrique Fernández Martín.
