Convocadas as probas #Celga de outono 2025

Prazo aberto ata o 3 de outubro.

A Xunta de Galicia abriu o prazo para inscribirse nunha nova convocatoria das probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega. Así, tras a publicación no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas en realizar os exames Celga poderán anotarse ata o vindeiro 3 de outubro de 2025.

Deste xeito, nesta segunda convocatoria do 2025, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude prevé a realización dos exames correspondentes aos niveis máis solicitados: Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Así mesmo, está previsto que as probas se leven a cabo na segunda quincena de novembro, tanto en Santiago de Compostela como en Ponferrada e Madrid. As datas concretas dos exames publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galicia e no Portal da Lingua.

Esta convocatoria forma parte do traballo impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para favorecer o coñecemento e emprego da lingua galega de toda a sociedade e, nomeadamente, daqueles non nacidos en Galicia.

Tanto as solicitudes como o xustificante de pagamento das taxas (16,92 €) poderán presentarse por vía electrónica, a través do formulario normalizado da sede electrónica da Xunta, ou de modo presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No Portal Galego da Lingua
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0032/probas-celga-2-3-4-convocatoria

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here