Coidar os espazos públicos é tarefa de todos!

A familia Trebón celebra o Día Mundial do Medio Ambiente lembrando dúas divertidas aventuras. Imos con eles!

TAREFA DE TODOS
A familia Trebón está a aprender de xeito acelerado con Vito e Lilia como coidar o Planeta Verde. É certo que a Anselmo lle custa ben máis ca o resto da súa familia pero aínda así, xa o teñen máis convencido de que é preciso de que colabore.

NO CAMIÓN DO LIXO
Os operarios dos servizos de limpeza encárganse de recoller selectivamente o refugallo. Por iso é tan importante clasificar os desperdicios nas nosas casas e logo botalo no colector que corresponde. Acompañamos a Anselmo, Antenas e Evaristo na recollida do lixo dos colectores.

carola-trebon-portada

 

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here