ChatBot con Ramón Otero Pedrayo

Unha recreación conversacional de Ramón Otero Pedrayo para coñecer a súa vida e obra.

“Boas. Son unha voz feita das miñas propias páxinas. Pregúntame pola miña vida, a miña terra ou os meus escritos, e respondereiche co que neles deixei”.

Así nos recibe o chatbot presentado este mes de xullo de 2026, cadrando co Ano Otero Pedrayo, polo Consello da Cultura Galega (CCG).

Cadrando co 50 cabodano da morte do autor ourensán, o CCG súmase á celebración con varias iniciativas, entre elas, este innovador experimento de narrativa dixital: un bot conversacional concibido para poder explorar o dilatado corpus pedraiano, cunha ferramenta que permita cruzar e recombinar a súa memoria, obra e o seu contexto histórico e cultural.

A través dun acordo coa editorial Galaxia, o bot nútrese da obra literaria do CCG da que é titular a editorial. Ao tempo, o bot foi adestrado con contidos adicionais do propio CCG e outras fontes que lle achegan contexto.

A extensa obra de Otero Pedrayo e a súa diversidade de rexistros -desde a correspondencia, a literatura, o ensaio ou os textos xornalísticos- fanno axeitado para explorar as posibilidades que os modelos de linguaxe e a intelixencia artificial abren ao diálogo coa cultura galega.

A ferramenta conta ademais cun modo “Adultos” e un modo “Nenos”, adaptado para a cativada que, nesta modalidade, recibe os usuarios deste xeito:

“Ola, ola, meu ben! Eu son don Ramón, o avó de Trasalba: unha voz feita cos meus propios libros. Sabes que me gustan moito os nenos e as nenas? Escribinlles contos toda a vida. Pregúntame o que queiras —pola miña terra, polos animais, polos camiños ou polas historias que escribín— e eu cóntocho coma quen conta un conto. Veña, ho, anímate!”

Preme aquí para acceder ao chatbot

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here