Poderá concorrer a este premio, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e o IES Rosalía de Castro, alumnado de sexto de educación primaria e de educación secundaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de galego de réxime xeral cursados fóra da Comunidade Autónoma textos inéditos relacionados co persoeiro ao que se lle dedica en 2019 o Día das Letras Galegas.
O alumnado deberá concorrer ao premio con traballos compostos por un conto inédito e un podcast baseado nel. Os contos -inéditos e en lingua galega- estarán relacionados con Antonio Fraguas, persoeiro a quen se lle dedicará o vindeiro Día das Letras Galegas.
O premio está dotado con 1.000 € e a emisión do mellor traballo gañador, así como a emisión dos dous que resulten finalistas con el.
O prazo de presentación de orixinais remata o 17 de maio de 2019.



