‘Caldo de repolo’, o novo de Pakolas “danzando na pota, xirando sen parar!”

Un gorentoso prato rockeiro, o novo hit do outono, que podemos escoitar no espectáculo “Ecoralia a lambona ecolóxica”, de Pakolas.

As protagonistas indiscutibles deste novo clip son as patacas, o repolo, as fabas, o unto e os chourizos, todo ingredientes desta receita musical. E se prendemos o lume nunha boa cociña galega e as facemos rockear? Pois sáenos un delicioso caldo de repolo listo para papar, collede a culler! Sabe ben esta nova canción?

Esta nova canción formará parte do espectáculo «Ecoralia a lambona ecolóxica» estreado tamén no ano 2025, e que está a percorrer Galicia coa súa xira rockeira. En próximas semanas estará dispoñible tamén nas principais plataformas dixitais de escoita como Spotify ou Itunes. Pakolas continúa a súa xira por toda Galicia en novembro de 2025, pasando por Coruña, Vigo, Teo, Compostela, Carral, Catoira entre outras paradas.

Outra das protagonistas é a creadora Azul do Atlántico Ilustración, que nos preparou con tanto agarimo e bo facer a produción deste novo vídeo, con montaxe e ilustración. A técnica empregada para este vídeo clip é o stopmotion, coa creación das personaxes a partir das formas dos ingredientes do caldo con cores vivas e coa axuda da acuarela, gouache, lapis de cores e pintura acrílica. Estas personaxes adquiren mobilidade a través dun storyboard coa idea principal, e algunhas escenas que foron desenvolvéndose cos elementos principais. En definitiva unha cámara, unha mesa chea de recortes e de personaxes, e moitas horas de fotos e montaxe, e por suposto moita arte de ilustración!

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here