Benvido Hugo!

A comunidade educativa celebrou que o pequeno Hugo Carneiro Ramos, de oito anos de idade, pode á fin asistir ás aulas canda os outros nenos e nenas. Será a primeira vez que poida facelo e grazas a que, desde agora, o CEIP de Caión contará cun servizo de enfermería que o acompañará.

Nun emocionante evento de benvida, escoitouse ademais nas voces do coro da escola a canción “Deixa vivir”, composición do mestre e músico José Carballido, unha peza que trata do respecto ás diferencias e de deixar a cada un ser como é.

Aquí un videoclip da peza:

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here