Ao fío das Letras Galegas o Celta comparte con alumnado o seu compromiso coa lingua galega

O alumnado do CIFP Portovello de Ourense recibiu nas vésperas do Día das Letras Galegas 2026 a visita de dous dos responsables da comunicación do Celta de Vigo, Andrés Montenegro, como coordinador audiovisual, e André Taboada, como responsable de contidos dixitais, nun encontro que reuniu empresas de éxito que empregan o galego como lingua principal.

Os representantes do Celta compartiron co estudantado a importancia da identidade celeste e o papel da lingua galega dentro da comunicación e da cultura da entidade. Durante o encontro, Andrés Montenegro e André Taboada explicaron como o Celta traballa diariamente para transmitir os seus valores, o seu arraigamento e o seu vínculo con Galicia a través de todas as súas canles de comunicación. “Na súa orixe, o club nace coa intención de responder ás inquedanzas culturais de todos os galegos. Por iso, entre outras razóns, escóllese o nome «Celta», e non o de Real Vigo, por exemplo”, explicou Montenegro.

A sesión puxo especial foco no uso natural e estratéxico do galego como elemento diferenciador e como parte esencial da personalidade do club. “Con isto, a aposta polo galego pasou de ser algo puntual a converterse nunha estratexia empresarial. E non só na comunicación, todas as áreas están a traballar baixo esas tres premisas”, comentou Taboada.

Máis na web do equipo

SHARE

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here